Inicio Inicio PAI Varios
Follow us on Twitter
Discos PAI Varios

CELTIC ROOTS

Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.


Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John's Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan's School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

comprar_aqui_gl


 

poratada_libro_miniContos en Cantos

Un libro CD-DVD ilustrado que mestura contos e música.

Un traballo pensado como un complemento didáctico para incentivar a lectura, que vai dirixido a nenos e nenas entre 3 e 7 anos. O traballo inclúe un CD coas cancións e un DVD cós videos e coas letras para cantar en formato "karaoke".

Un traballo sinxelo e directo que estamos seguros será a ledicia dos pequenos e dos non tan pequenos.

 

comprar_aqui_gl


pelo gato"PELO GATO 24: CANTIGAS E XOGOS PARA NENOS" (PAI-Música 2008)

"Pelo Gato 24" é un proxecto impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos que recolle dúas das lerias máis importantes d@s cativ@s: as cantigas e os xogos. En formato de Libro, CD e DVD "Pelo Gato 24" pretende dar a coñecer e dilvulgar entre o público infantil as cantigas que a tradición oral foi quen de transportar ata os nosos días. Baixo a produción e dirección musical de Magoia Bodega e Paulo Nogueira, este traballo é tamén unha galeria musical onde o público infantil galego descubrirá a un amplo e variado elenco de músicos e cantantes: Sonia Lebedynski, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Fuxan os ventos, Migallas, Señora Carmen, Xurxo Souto, Pancho Álvarez, César Longa, Xosé Liz, Leilía, Begoña Riobó e a Charanga "Vai de Baile". Inclúe tamén, un DVD con diversos xogos tradicionais galegos, videoclips e playbacks, un "como se fixo" ademais dun libreto informativo de 64 páxinas.

comprar_aqui_gl


operacion can "OPERACIÓN CAN" (PAI-Música 2007)

"Operación Can" é un traballo impulsado pola UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar o noso entorno e medio ambiente e moi especialmente aos animais e as plantas. Para elo, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixeran unha canción orixinal cantada en galego. O premio era a gravación dun disco coas mellores cancións e os propios rapaces elixirian as cancións mediante os seus correos electrónicos. 32 cancións chegadas de toda a xeografía galega competiron polo premio e case 10.000 mensaxes electrónicas decidiron a selección final. As 6 cancións máis votadas foron premiadas coa gravación dun videoclip. "Operación Can" consta dun CD de 16 cancións e un DVD con 6 videoclips, un "como se fixo" e un documental sobre o funcionamento das Protectoras de Animais en Galicia.

comprar_aqui_gl


qqrq

"O QUIQUIRIQUÍ: CANTOS DE NADAL" (PAI-Música 2006)

"O quiquiriquí: Cantos de Nadal" é un traballo co-producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e os estudios Casa de Tolos. Trátase dun documento audiovisual onde se reflexan diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia. Ten un claro interese docente e está principalmente dirixido a alumnos do ensino primario. Producido artísticamente por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, "O Quiquiriquí" contén un libro de 64 páxinas, con fotos e textos dos diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal; un CD de 12 cancións tradicionais interpretadas por músicos e artistas do actual panorama musical galego, no que inclúe unha pista interactiva con letras, partituras e xogos instructivos musicais; e un DVD cun "como se fixo", un documental e un videoclip promocional.

comprar_aqui_gl


meninos"MENIÑOS CANTORES" (PAI-Música 2005)

"Meniños cantores" é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do norte de Portugal. A iniciativa xurdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte... nas ondas e os estudios Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte... nas ondas da candidatura ao Patrimonio Oral e Inmaterial Galego-Portugués ante a Unesco foi a chispa que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena ollada a un futuro posible. "Meniños cantores" consta dun CD de audio con 28 cancións, no que vai incluida unha pista interactiva con letras e partituras e un DVD cun documental sobre o proceso de realización do proxecto e outro documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos lados da fronteira, xunto cun videoclip de cada colexio participante.

comprar_aqui_gl

 


 

 
Cartel

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



PAI Axenda

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Galería

Relacionadas