| EXCLUSIVA: The anthem, o videoclip do tema común de Celtic Roots |
|
|
|
| Venres, 03 Decembro 2010 18:33 | ||||||||
|
Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común. Galicia e Irlanda. O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo. Otros músicos de renome que colaboraron no disco foron: Angela Durkin (UK), Antón Seoane (GZ), Ed boyd (UK), Emma Sweeney (UK), Graham Henderson (IR), Guillermo Fernández “Guille” (GZ), James Mahon (IR), Javier Feijóo “Chisco” (GZ), Luis E. Correa “O Caruncho” (GZ), Magoia Bodega (GZ), Pancho Álvarez (GZ), Rodrigo Romaní (GZ), Xaquín Xesteira (GZ).
PREZO 16,96 € CONTIDOS do LIBRO CONTIDOS do CD CONTIDOS do DVD OUTROS TRABALLOS EDUCATIVOS
|