Follow us on Twitter
Programa 68 de Plástico Elástico en Radio PAI PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Febreiro 2012 10:23

pedrito_diablo
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Pedrito Diablo & Los Cadáveras, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Formato Acústico os temas de "El Cuerno del Chivo" (Green Cookie Records, 2011), o seu Disco de Debut.

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Twin TonesCorizonasNada Surf.

Regalamos Entradas para ver en directo aos mexicanos Twin Tones (Sábado 11 de Febreiro no Moon Music Club de Compostela) presentando o seu Novo Disco "Trio de Mercenarios". Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición.

Despedimos o programa cunha banda de New York que esta semana visitou Galicia para presentar o seu último traballo discográfico. Estamos falando de The Fleshtones, que despois de máis de 30 anos de traxectoria musical publican agora o seu novo disco "Brooklyn Sound Solution".

Nesta edición soaron: "Guns Don't Arge" "Texas Addio" de Twin Tones"Desenfunda Forastero", "El Hoyo", "El Baile del Justiciero" e "Dos Cruces" de Pedrito Diablo & Los Cadáveras"Hotel Room" de Corizonas"Clear Eye Clouded Mind" de Nada Surf"I Was a Teenage Zombie" de The Fleshtones.

Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).

Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai


Plástico Elástico

www.plasticoelastico.com

facebook.com/plasticoelastico

www.akalimera.org

www.radiopai.com

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas