Follow us on Twitter
Celtic Roots avanza nas gravacións PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Setembro 2010 16:59

aguarda_castroA poucos días de que o equipo de Casa de Tolos faga a travesía á Bretaña francesa, Inglaterra e finalmente Irlanda para continuar coas gravacións e entrevistas do CD e do documental, xa comezamos a ver algunhas imaxes das gravacións realizadas en Galicia, da parte histórica introductoria do documental. Un traballo divulgativo de achegamento á cultura castrexa, e incluso a tempos máis remotos a través dos gravados de arte rupestre que salpimentan o noso territorio Galego.

Os ricos petroglifos do Val Miñor, Oia, Baroña... os catros de Santa Trega, Baroña ou Viladonga, ... así como un percorrido polos restos arqueolóxicos do museo provincial de Lugo, son algunhas das mostras que xa están recollendo os estudios de Casa de Tolos para dar conta delo antes da viaxe atlántica aos territorios verdes do norte.

Dende Galicia ate Carnac, Gravinis,  Lorient,  en Francia para cruzar ata Oxford, Stonehenge, Manchester en Inglaterra e chegando ata Dublin, Bray e Cork en Irlanda. Un percorrido cultural e musical para falar, cantar, e escoitar estas culturas atlánticas.

Un traballo no que participan activamente os rapaces e rapazas dos colexios de primaria de Humerto Juanes de Nigrán (Galicia),  St. Jhon's School de Manchester (Inglaterra) e St. Cronan's School de Bray (Irlanda) acompañados dos seus padriños musicais de excepción como son os internacionalmente coñecidos Xose Manuel Budiño (Galicia), Michael McGoldrick (Inglaterra ) e Dónal Lunny (Irlanda)