| O CD de Celtic Roots avanza nas gravacións nos estudios de Casa de Tolos |
|
|
|
| Venres, 18 Xuño 2010 15:52 |
|
O próximo martes 22 de xuño estaremos gravaremos a parte galega do video clip en Praia América (Praia de Lourido) en Nigrán. Estes días achegáronse ata os estudios de gravación de Casa de Tolos en Gondomar, corenta nenos e nenas do CEIP Humberto Juanes de Nigrán, co gallo da gravación do traballo educativo musical "Celtic Roots", un traballo multidisciplinar que engloba a colexios de Galicia (Nigrán), Manchester (Inglaterra) e Bray (Irlanda) e que contan co apadriñamento musical de músicos da talla de Xose Manuel Budiño (Galicia), Dónal Lunny (Irlanda) e Michael McGoldrick (Inglaterra). Se queres saber máis de Celtic Roots podedes seguir a web www.celticroots.org ou a páxina de fans en Facebook |