| Novo Concurso O año pitaño |
|
|
|
| Martes, 26 de Abril de 2011 14:44 |
|
Idea XeralPAI Edicións edita O AÑO PITAÑO, un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado por músicos de recoñecido prestixio. É un traballo que pode ser dirixido a nenos de primaria polo contido temático coma a rapaces de primeiro ciclo de primaria, por dar a oportunidade a estes últimos de tomar contacto coa poesía dun xeito mais ameno que o tradicional, por ter a música como medio de enlace. Segundo nos conta o propio autor: "A idea de facer este disco xurdiu aproximadamente fai tres anos, cando chegou ás miñas mans O AÑO PITAÑO, texto de Álvarez Blázquez. Ese poema inspiroume unha canción, que á súa vez fixo medrar en min a idea de dedicarlle aos máis cativos un traballo no que estiveran presentes os nosos poetas, para achegar aos pequenos a nosa literatura, a nosa lingua e, ao mesmo tempo, a miña música." Ademais, unha boa parte das cancións axudan tamén a debuxar para as nenas e para os nenos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais, non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos pícaros. Probablemente hoxe non sexa tan coñecido, no medio de tantas alegorías importadas, pero non está mal lembrarmos eses seres imaxinarios que poboaban as nosas infancias e legarllos, entre outras formas de cultura que transmitimos, ou deberíamos transmitir, aos meniños que serán os galegos e galegas do futuro. Xunto con Álvarez Blázquez, pódense atopar no disco poemas de Darío Xohán Cabana, Ana María Fernández, Yolanda Castaño, Marica Campo ou o poeta Valdeorrés Xosé Rodríguez Ferrer. Tamén figura unha adaptación dunha cantiga popular arranxada desde a visión particular de Anxo Rei.
Realización e a produción musical.O disco foi gravado parcialmente en Madrid por Jorge F. Ojea, Josue Santos e Eunice Santos, acompañantes habituais da cantante galega Luz Casal, as voces na propia casa de Anxo Rei e algunha instrumentación máis nos estudios Casa de Tolos en Gondomar. A produción artística correu a cárrego de Jorge Ojea.
O disco compóñeno doce cancións de seis poetas:
O PRINCIPE ENCANTADO...................Darío Xohán Cabana IMOS INVENTAR UN CONTO...............Ana María Fernández CINCENTA...........................................Ana María Fernández CADO EU SAIBA LER..........................Yolanda Castaño A RA CLODOMIRA................................Marica Campo O AÑO PITAÑO.....................................Xosé M. Álvarez Blázquez ERA UN AIRIÑO SUAVE........................Xosé M. Álvarez Blázquez DURME NENIÑA.....................................Xosé M. Álvarez Blázquez O UN MAILO CERO.................................Xosé Rodríguez Ferrer O HOME DO SACO.................................Xosé Rodríguez Ferrer O PÁXARO CARPINTEIRO...................Xosé Rodríguez Ferrer O PIOLLO E A PULGA............................Tradicional
- O concurso de ilustracións.Para as ilustracións do libro de O AÑO PITAÑO faremos unha proposta moi orixinal: trátase dun concurso entre os centros de primaria para que sexan os propios rapaces os que ilustren cada conto. O concurso farase dende a web propia (www.oanopitano.com) e a selección das mellores ilustracións maquetaranse na edición final. O concurso, as bases, os prazos e o xurado serán anunciados na segunda quincena de abril.
- A pista interactiva.Asímesmo, o CD inclúe unha pista interactiva con imprimibles para uso nas aulas: letras, partituras, debuxos coloreables...
- O DVD e o videoclip.O AÑO PITAÑO incluirá un DVD cos karaokes das cancións para que os rapaces poidan cantar ao mesmo tempo que practican a lectura. Ademais, para contribuir á difusión de O AÑO PITAÑO faremos un videoclip, aínda por definir tanto o guión como a técnica a empregar para a realización do mesmo. ![]()
|