Follow us on Twitter
Vídeo da presentación de Celitc Roots en Vigo PDF Print E-mail
Monday, 20 December 2010 19:18

celtic_roots_presentacionPresentación do traballo musical de Celtic Roots no auditorio Martín Códax do Conservatorio Sup. de Música de Vigo.
Presentado por Avelino González e coa actuación en directo de parte do elenco de músicos participantes neste traballo: Michael McGoldrick, Dònal Lunny, Xosé Manuel Budiño, Angela Durkan, Rodrigo Romaní, Javier Feijóo "Chisco" e Segundo Grandío.

 

 

 

 

 

 

Se ainda non sabes que regalar este nadal, aquí tes a nosa proposta. Para os máis pequenos o novo traballo escolar realizado editado por PAI Música "Celtic Roots".

Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.
Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumnado dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), e contou coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

PREZO 16,96 €

Reservar Celtic Roots

CONTIDOS do LIBRO
48 páxinas a todo cor
Letras das cancións
Breve historia de cada unha das cancións
Textos en 4 idiomas (galego, castelán, inglés e gaélico)

CONTIDOS do CD
10 cancións
CD-ROM Multimedia con (partituras (PDF), letras (PDF) e fotografías)

CONTIDOS do DVD
4 videoclips
4 videoclips con karaoke
1 video de cómo se fixo
Audio 5.1