| Presentación de Cores do Atlántico en Santiago de Compostela |
|
|
|
| Saturday, 08 May 2010 13:23 |
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo presentou onte en Santiago de Compostela o concerto-evento musical CORES DO ATLÁNTICO.
Inserido no programa europeo CREATIVA que promove a Agadic, CORES DO ATLÁNTICO comprende un recital especial que desenvolverá o 14 de maio na illa de San Simón a cargo de artistas tan recoñecidos como Margareth Menezes, João Afonso, Teresa Paiva, Socorro Lira, Eneida Marta e Uxía, así como a edición dun libro-disco, unha exposición do artista lucense Quique Bordell e outras actividades de promoción sobre unha nova visión da lírica medieval galego-portuguesa. Colaboran no proxecto o colectivo pontevedrés Ponte…nas ondas! e o selo PAI Música. Na presentación JUAN CARLOS F. FASERO, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, XABIER ALONSO, director-xerente da Fundación Illa de San Simón, SANTIAGO VELOSO, director de Ponte…nas ondas! e SOCORRO LIRA, cantautora brasileira que asina as músicas do disco.
|